Sociedade Galega de Pacientes con Pluripatoloxías

A Sociedade Galega de Pacientes con Pluripatoloxías (ou patoloxías múltiples, ou patoloxías crónicas variadas ou necesidades médicas complexas...) nace coa finalidade de defender e representar a un colectivo, apenas tido en conta nas estruturas sociosanitarias españolas, galegas ou europeas.

Nace pois, cun evidente espírito reivindicativo, pero tamén construtivo, cooperativo, educativo, promotor da investigación e cooperador (con institucións públicas ou privadas) para favorecer cambios nas estruturas sanitarias... de tal xeito que poidan atender adecuadamente a este grupo único e singular de pacientes.

Defendemos a existencia de unidades de atención a pacientes multipatolóxicos en todos os centros hospitalarios e comarcáis, debidamente dotadas de medios técnicos humanos e investidas da autoridade organizativa necesaria...

SE COMPARTES ESTAS PREOCUPACIÓNS E QUERES SABER MÁIS, PODES FACER A PREINSCRICIÓN COMO SOCIO (sen custo enviando un correo electrónico cos teus datos).